Así é Na Alma: o primeiro disco de Xhamain

Portada do disco Na Alma de Xhamain acompañada dun anuncio no que se especifica que estará dispoñible o 31 de outubro de 2021.

Se despois de escoitar os sinxelos que che fomos amosando nestes meses estabas impaciente, estás de noraboa! Este 31 de outubro lanzamos en dixital o primeiro disco de Xhamain: Na Alma, que xa podes escoitar na súa totalidade nas principais plataformas dixitais. Queres saber máis deste álbum? Segue a ler!

Onde escoitar Na Alma de Xhamain?

Antes de contarche os detalles máis interesantes deste disco, queremos indicarche as ubicacións específicas do noso disco en cada unha das plataformas dixitais. Xa podes escoitar Na Alma de Xhamain en:

Como é o disco Na Alma de Xhamain?

Na Alma é a primeira parte da triloxía No Ser, que xa está escrita na súa totalidade, e serve como unha carta de presentación do que somos e facemos en Xhamain. Neste disco, atoparás 10 temas nos que fusionamos metal gótico e sinfónico con toques celtas cantados en galego:

1. Entrando na alma
2. Eterna soedade
3. Tempo atrás
4. Tan só tres
5. Soño de inverno
6. Xunto a ti
7. Plenilunio, parte 1 – Reflexo
8. Plenilunio, parte 2 – O son do mar
9. Plenilunio, parte 3 – Amencer
A gravación e mestura deste álbum correu a cargo de Rubén Alonso en Kastell von Pahlomen Studios e para o mastering contamos con Tony Lindgren (Dimmu Borgir, Opeth, Blind Guardian, Eluveitie…) dos Fascination Street Studios (Arch Enemy, Amon Amarth, Sepultura, Moonspell…).

Como é a imaxe do disco Na Alma?

Alén da música, en Xhamain queremos que Na Alma vaia máis alá e tamén represente unha grande obra a nivel de deseño. Por iso, para o deseño visual contamos cos servizos do artista búlgrao Georgi Georgiev, de Moon Ring Design, que foi quen de plasmar dun xeito magnífico o ambiente sonoro deste álbum cunhas espectaculares imaxes oníricas.

Neste ámbito, aínda gardamos algunha sorpresa máis para o lanzamento oficial do álbum. Non o perdas!

Se xa escoitaches Na Alma de Xhamain e che gustou, non dubides en compartir!

Share:
@ 2021 Xhamain