Descubre aquí o videoclip de Soño de Inverno de Xhamain!

Imagen del libro que sale en los primeros segundos del videoclip Soño de Inverno de Xhamain. Esta imagen se utiliza para ilustrar una entrada en la que se presenta este single de la banda.

Xa está aquí! Este 24 de xuño sacamos á luz o videoclip de Xhamain: Soño de InvernoEste tema é o primeiro sinxelo do noso próximo disco, Na Alma, que poderás coñecer nos próximos meses. Queres saber máis sobre onde se rodou Soño de Inverno, onde se gravou o tema e como será Na Alma? Segue a ler!

Soño de Inverno: o primeiro single de Na Alma

Este vídeo que hoxe che presentamos con tanto agarimo foi gravado no espectacular Parque do Pasatempo de Betanzos e en Vigo e foi producido por Sebas, baseándose nunha idea orixinal de Rubén Alonso.

E que hai da música? A gravación e mestura de Soño de Inverno tiveron lugar en Kastell von Pahlomen Studio en Vigo e do mastering encargouse Tony Lindgren dos estudos suecos Fascination Street (Arch Enemy, Amon Amarth, Sepultura, Moonspell…).

Máis detalles de Soño de Inverno

Tal e como che adiantamos, Soño de Inverno é o primeiro sinxelo do noso disco Na Alma, que estará dispoñible nos vindeiros meses. Este disco forma parte dunha triloxía xa composta na súa totalidade, chamada No Ser, ateigada de temas que expresan a personalidade da nosa banda en galego.

Como é o metal en galego de Xhamain?

Con este primeiro sinxelo, Soño de Inverno, podes facerte unha idea clara do estilo de música que facemos en Xhamain. Nas nosas cancións, encontrarás unha interesante mestura entre o metal gótico e o sinfónico con toques celtas. Cantamos en galego e na nosa música engadimos instrumentos particulares do folk, como son a gaita e as frautas.

A nivel vocal, tal e como podes escoitar en Soño de Inverno, sorprenderante a mistura entre as voces limpas de Mariah Fosado e os guturais de Rubén Alonso e a nivel instrumental, atoparaste cunha fusión de sons completa que che encantará. Todo isto acompañado de letras en galego que non te deixarán para nada indiferente.

Se xa o escoitaches e che gustou, non dubides en compartir!

Share:
@ 2021 Xhamain